1º PREMIO PONTENCIENCIA

 


Ganadores del primer premio de la feria de la miniciencia de Pontevedra, "PONTENCIENCIA".


Nuestro alumnado coordinado por las profesoras Marily Pierres del dpto. de Física y Química, y Loli Omil del departamento de Tecnología, han conseguido culminar este proyecto con el primer puesto.


¡¡Enhorabuena!!!

Acción de Verán




CAMPAÑA DE VERÁN

A orde da convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2021

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2021.

Como xa ocorreu en 2020, as circunstancias derivadas da crise sanitaria da Covid 19fan moi necesario poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio favorable para as súas emocións e sentimentos. Así, a oferta comprenderá actividades que se levarán a cabo coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas.

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!

Descarga toda a información dos campamentos

DATA DO SORTEO: 

A data do sorteo publicaráse neste apartado

 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Teléfonos de información:

 

Xefatura Territorial da Coruña.

Teléfonos: 881 881 240 / 881 881 238 / 881 881 239

Xefatura Territorial de Lugo.

Teléfonos: 982 294 224 / 982 294 599

Xefatura Territorial de Ourense.

Teléfonos: 988 386 120 / 988 386 117

Xefatura Territorial de Vigo

Teléfonos: 986 817 078 / 986 817 080 / 986 817 079 / 986 817 782

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Teléfonos: 881 999 025 / 881 999 194 / 981 545 293 / 881 999 314

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Xornadas informativas de Garantía Xuvenil


 Co obxectivo de dar a coñecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), en colaboración coas oficinas da Rede de Servizos de Información Xuvenil (RedSIJ), organiza unhas Xornadas informativas de Garantía Xuvenil.

Estas sesións van dirixidas ás persoas mozas e nelas informarase sobre que é Garantía Xuvenil, que tipo de oportunidades pódense atopar e responderase ás preguntas máis frecuentes sobre como inscribirse e como descargar o certificado.

Igualmente, darase espazo ás persoas participantes para que expoñan as súas dúbidas.

Estas xornadas telemáticas terán lugar do 18 ao 26 de maio en horario de 11:30 a 12:30 horas

http://www.injuve.es/empleo/noticia/sesiones-informativas-sobre-garantia-juvenil 

Primavera Xove, novo programa para a mocidade galega


No contexto actual, no que persisten certas restricións derivadas da pandemia da Covid-19, as opcións de lecer e ocio educativo seguen sendo reducidas. Por iso, e co fin de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables á mocidade para o seu tempo libre, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este 2021 un novo programa especialmente pensado para esta situación, na que é preciso xerar espazos seguros, pero tamén divertidos, formativos e favorecedores da transferencia de valores e coñecemento

Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos

O novo programa chámase Primavera Xove e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para os estudantes universitarios ou que xa remataran os seus estudos.

A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por:

  • Programa de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
  • Encontros de desenvolvemento e aprendizaxe xuvenil nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo. Formación, charlas inspiradoras e networking.
  • Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.

Todas as actividades levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19. Así mesmo, para a actividade nos albergues xuvenís que inclúe pernoita deberase achegar unha declaración responsable sobre condicións de saúde á entrada da estancia, que será facilitada con anterioridade pola Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

1.Programación de fin de semana en albergues xuvenís

primaveraxove alberguesEste programa levarase a cabo nos albergues xuvenís LugII, localizado na cidade de Lugo, e en Gandarío, no concello de Bergondo. Ofertaranse un total de 160 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto.

Quen pode participar?

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal nos albergues xuvenís.

Prazas

O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 20, o que suma un total de 160 prazas dispoñibles.

Cando?

  • Do 14 ao 16 de maio
  • Do 21 ao 23 de maio
  • Do 28 ao 30 de maio
  • Do 04 ao 06 de xuño

Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 7 de maio ás 13.00 horasFORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas adxudicaranse, como se dixo anteriormente, por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

No formulario de confirmación de solicitude só se poderá elixir unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselles aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.

Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace

 

2. Encontros de desenvolvemento e aprendizaxe xuvenil nos campus universitarios

primaveraxove universidadeA través deste programa, a Xunta de Galicia busca ofrecer alternativas de ocio formativo e responsable en tempos de Covid-19 que poidan ser complementarias ao currículo académico dos mozos e mozas, ao mesmo tempo que se traballan habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto e comezará cunha charla formativa e inspiradora a cargo dun ou varios relatores recoñecidos no seu eido. Serán profesionais, empresarios/as, creativos/as relevantes na contorna e no panorama nacional ou autonómico tales como os divulgadores científicos Jorge Mira e Deborah García, o consultor de márketing e emprendemento Javier Varela, a xornalista e influencer Patricia García @donkeycool; a experta en márketing responsable Jessica Bardanca @Jess.con.jota, ou o creador de contido en RRSS Coque Macho. Nun segundo ciclo falaremos de sustentabilidade e responsabilidade social, educación emocional, e cultura e creatividade, con idéntico formato e algunha sorpresa.

O obxectivo é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.

Quen pode participar?

Estas xornadas están dirixidas principalmente a mozos e mozas universitarios, aínda que se pode inscribir a mocidade en xeral, de 18 a 30 anos.

Prazas

Estas xornadas terán un aforo reducido para garantir todas as medidas de seguridade e prevención fronte á Covid-19. Deste xeito, poderán asistir 20 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. Cada persoa moza poderá participar en tantas xornadas como queira.

Cando?

Esta acción levarase a cabo todos os mércores de maio e xuño a partir do vindeiro mércores 12. A programación, totalmente gratuíta para as persoas participantes, será de tarde e cada xornada terá unha duración aproximada de 2 horas.

Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace

Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición a cada acción abrirase a partir do 7 de maio ás 13.00 horasFORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas adxudicaranse por estrita orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva. Poderase escoller participar nunha ou en varias das accións contempladas na programación.

Actividade financiada no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).

 

3. Feiras Primavera Xove nos 12 Espazos Xoves

primaveraxove espazos xovesAo longo de todos os venres do mes de maio, cada Espazo Xove celebrará unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna. Aínda que cada unha terá as súas particularidades e nela participarán persoas diferentes, haberá varios denominadores comúns:

  • Venres pola mañá: charla formativa coa participación dos institutos de cada zona e convite a coñecer o espazo xove.
  • Venres ou sábado pola tarde: celebraranse varios obradoiros de cultura urbana, artes, emprendemento, etc. e tamén haberá actuacións musicais.

Quen pode participar?

A mocidade das contornas de cada espazo xove.

Cando?

  • 7 maio: Lalín (tamén 8 de maio), Pontedeume e Betanzos (tamén o 4 de xuño)
  • 14 maio: Curtis, Ourense e Vilalba
  • 21 maio: Viveiro, Noia e Chantada
  • 28 maio: Vilagarcía, Carballo e Tui

Prazo e método de inscrición

Estas xornadas terán un aforo reducido en cada un dos obradoiros para garantir todas as medidas de seguridade e prevención fronte á Covid-19. Pódese reservar praza nas diferentes actividades en cada espazo xove nos formularios dispoñibles na seguinte ligazón. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace 

La Carrera Militar en el IES A Xunqueira 1


 La Carrera Militar en el IES A Xunqueira 1

Charla informativa sobre los estudios y profesiones de la carrera militar, para todo el alumnado del centro.



Premios extraordinarios de bacharelato

 




A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de maio de 2021 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 22 de abril de 2021 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

Lanzamiento Cohete de Agua JQ 2020-21